Os membros do club de lectura de 1º de ESO comezan este novo trimestre coa lectura do libro Os Megatovos e o aprendiz de druída, de Anxo Fariña. Pronto descubrirán as aventuras dos seus protagonistas: Ruxe, Faísca, Lúa e Ninfa. Con cal deles se sentirán máis identificados?
jueves, 19 de enero de 2017
CLUB DE LECTURA - OS MEGATOXOS
martes, 17 de enero de 2017
NOVAS ADQUISICIÓNS
Co novo ano chegaron á biblioteca unha morea de novos libros que están xa dispostos para que os levedes para a vosa casa. Ledicia Costas, Antón Riveiro, Elena Gallego, Manuel Esteban, Fran Alonso, María Reimóndez, Manuel Núñez Singala... garántenvos unha tarde de estupenda lectura.
domingo, 15 de enero de 2017
TODOS SOMOS
O alumnado de 1º de ESO anda estes días lendo a novela Todos somos, de Marcos Calveiro (Edicións Xerais), unha historia sobre a desaparición dunha nena de instituto e as repercusións que ese feito produce nos compañeiros e compañeiras, nas familias, nos medios de comunicación, nos cidadáns... Sinopse editorial:
Dende a desaparición de Natalia os pais de Antón xa non lle deixaban baixar o lixo á noitiña. Parecía incríbel que a súa vida, a vida de todos eles, dese un xiro tan brusco e dramático en tan pouco tempo. As cousas andaran nas mans do demo dende que a nova da desaparición de Natalia, compañeira de clase de Antón, correra como a pólvora por toda a praza da Bichoca. O sábado, ao día seguinte de desaparecer, xa o sabía todo o mundo. Mais foi o domingo cando todos foron conscientes da brutal realidade e de que a cousa ía en serio.
A historia, que inevitablemente nos trae a mente casos similares de actualidade, daranos moito para falar nos próximos días.
A continuación, a reseña de Mario Regueira en Sermos Galiza
E ti, que opinas? Deixa embaixo os teus comentarios.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
