O alumnado de Comunicación oral de 1º Bacharelato B realizou unha lectura dramatizada de As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas. A montaxe final é obra da alumna Sofía Iglesias Cadaya.
lunes, 26 de junio de 2017
jueves, 22 de junio de 2017
CAROLINA CACHALDORA GAÑA UN DOS PREMIOS DO RETO LECTOR
Carolina Cachaldora, alumna de 1º A de ESO, é unha das gañadoras do Reto Lector, convocado pola Editorial Galaxia. O xurado acordou premiar a proposta de Antía Rodeiro e, ademais houbo outras cinco persoas gañadoras -unha delas Carolina- que recibirán un lote de libros.
A continuación, podedes ver os dous vídeos de Carolina.
NUNCA MASCOTAS, de PAULA CARBALLEIRA
CHAMÁDEME SIMBAD, de FRANCISCO CASTRO
Felicitamos a Carolina pola súa creatividade e polo entusiasmo que pon en todo o que fai. PARABÉNS!!!
A continuación, podedes ver os dous vídeos de Carolina.
NUNCA MASCOTAS, de PAULA CARBALLEIRA
CHAMÁDEME SIMBAD, de FRANCISCO CASTRO
Felicitamos a Carolina pola súa creatividade e polo entusiasmo que pon en todo o que fai. PARABÉNS!!!
martes, 6 de junio de 2017
LETRAS GALEGAS
Desde a biblioteca implicámonos activamente na celebración do Día das Letras Galegas 2017.
En primeiro lugar, preparamos unha exposición dos fondos bibliográficos con que contamos e que permitiu aos lectores e lectoras achegarse á obra narrativa do autor homenaxeado.
No hall situamos un panel con códigos QR para que o alumnado puidese buscar información sobre cada unha das obras.
Ademais, os rapaces e rapazas de 1º de ESO crearon os seus cómics sobre o relato "A rapaza do circo" (Vento ferido). Pode verse unha selección aquí embaixo.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)



