domingo, 25 de diciembre de 2016
MÁIS RECOMENDACIÓNS DE LECTURA
RECOMENDACIÓNS PARA O NADAL
O alumnado de Comunicación Oral de 1º BAC felicita o Nadal dende a biblioteca desexándonos unha felices lecturas e recomendándonos algúns títulos que, con seguridade, resultarán do agrado de todos. Como agasallo final, Alejandro agasállanos cun literario e sorprendente truco de maxia.
jueves, 22 de diciembre de 2016
BO NADAL E FELICES LECTURAS
A biblioteca deséxavos un bo Nadal e un moi feliz ano 2017 no que sigamos compartindo o pracer da lectura.
Unha selección de libros interesantes
E algunhas propostas do alumnado de 1º de ESO.
Unha selección de libros interesantes
E algunhas propostas do alumnado de 1º de ESO.
miércoles, 21 de diciembre de 2016
CONCURSO MARCAPÁXINAS
Xa temos gañadores do Concurso de marcapáxinas.
1º premio: MANUEL LAMELA VÁZQUEZ (1º ESO-B). Logo da súa impresión, converterase no marcapáxinas oficial deste curso.
2º premio: GABRIEL FOLGOSO (1º ESO-E )
3º premio: PABLO RODRÍGUEZ MATEO (1º ESO-A)
Accésit: IRIA CRESPO (1º ESO-E)
Parabéns aos gañadores!!!
E tamén a todo o alumnado de 1º de ESO pola súa participación e pola creatividade e beleza das súas creacións. As seguintes imaxes son boa proba.
1º premio: MANUEL LAMELA VÁZQUEZ (1º ESO-B). Logo da súa impresión, converterase no marcapáxinas oficial deste curso.
2º premio: GABRIEL FOLGOSO (1º ESO-E )
3º premio: PABLO RODRÍGUEZ MATEO (1º ESO-A)
Accésit: IRIA CRESPO (1º ESO-E)
Parabéns aos gañadores!!!
E tamén a todo o alumnado de 1º de ESO pola súa participación e pola creatividade e beleza das súas creacións. As seguintes imaxes son boa proba.
domingo, 18 de diciembre de 2016
O ACHADO DO CASTRO
O alumnado de 2º F de Bacharelo de Artes representou a obra teatral O achado do castro de Manuel Núñez Singala, baixo a dirección do profesor Xosé Antón Calviño. O bo facer dos actores e actrices e a comicidade da obra víronse recoñecidos con risas e aplausos moi merecidos.
Parabéns a todos os que participaron nesta montaxe!!!
martes, 13 de diciembre de 2016
PRÓXIMA LECTURA DO CLUB DE 3º E 4º
Esta mañá os integrantes do club de lectura de 3º e 4º recolleron os exemplares da próxima novela que comentarán nas reunións que se convocarán xa no próximo trimestre.
Trátase de La sombra del viento de Carlos Ruiz Zafón.
Feliz lectura!!!
Trátase de La sombra del viento de Carlos Ruiz Zafón.
Feliz lectura!!!
viernes, 9 de diciembre de 2016
O ACHADO DO CASTRO
Hoxe realizamos unha sesión de lectura dramatizada na biblioteca co alumnado de 1º A e 1º B. A obra escollida foi O achado do castro, de Manuel Núñez Singala. Un texto divertido que arrancou gargalladas ao ler os disparatados parlamentos de Caleno, Catulo, Carmiñae, Manolitus, Emperador...
A próxima semana asistiremos á representación teatral no salón de actos realizada polo alumnado de 2º de Bacharelato de Artes.
lunes, 28 de noviembre de 2016
REUNIÓN CLUB DE LECTURA
Os integrantes do club de lectura de 1º-2º de ESO reuníronse para poñer en común a súa lectura persoal de A mansión dos Pampín, de Miguelanxo Prada. Tamén expuxeron os debuxos que elaboraron.
jueves, 24 de noviembre de 2016
MANNEQUIN CHALLENGE: 25 DE NOVEMBRO
O alumnado de Comunicación Oral de 1º D-E-F de Bacharelato súmase á conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero con este Mannequin Challenge co que pretende concienciar acerca da necesidade de romper cos comportamentos que perpetúan a violencia.
25 DE NOVEMBRO, DIA INTERNACIONAL DA VIOLENCIA DE XÉNERO
Hoxe, día 25 de novembro,Na biblioteca súmámonos á conmemoración do DÍA INTERNACIONAL DA VIOLENCIA DE XÉNERO.Queremos aportar o noso gran de area para sensibilizar o noso alumnado acerca da necesidade de loitar contra a desigualdade entre homes e mulleres, desterrar o machismo, denunciar a perpetuación de condutas que contribúen á violencia de xénero.
Preparamos unha selección de libros nos que está presente esta temática.
E acompañámolos duns poemas que denuncian algunhas actitudes que contribúen á violencia e marxinación das mulleres.
O que Penélope teceu na súa Singer1 foi a cruz das condenadas Xa non queren ser a Selene que olla parva ó Endimión durmido Aborrecen ser Sibilas que contan grans de area esquecendo pedir o seu propio desexo Nin mortais que no sono da noite ceiban os seus corpos a deuses con poder As amazonas tampouco sabían facer punto de cruz. (Antía Otero, O son da xordeira) | FÓRA DE CONTROL A quen chamo, como visto, onde andabas metida... En canto valoras, my boy, este corte de mangas? (Carlos Negro. Penúltimas tendencias ) |
PRINCESA (CONTRA) DISNEY Cuspo os chícharos agochados no colchón como se fosen balas. Arrinco o vestido de seda. Íspome e pego un berro que escacha as porcelanas. O cabelo longo semella atadura. (As tesoiras fanme menos escrava). Fuxo da torre. Da mazá envelenada da obediencia. Fendo os ferrollos. Pelo curto, lingua solta. Respiro fondo, corro descalza. Comezo a alancar cara a esa gándara máis alá dos espellos. (Vaime volvendo a voz que perdín en palacio). (Carlos Negro: Penúltimas tendencias) | Quero abandonar a vida morta das princesas. (Lupe Gómez: Levantar as tetas) |
LAPIDADAS Como ovellas que van ao matadoiro camiñades a serdes lapidadas en reas, silenciosas e humilladas, baixo a mirada atenta do carneiro. Que o voso sangue sexa o derradeiro a mollar esas terras magoadas polo integrismo cruel, polas brigadas dunha fe que vos nega todo abeiro. ¡Maldita sexa a man que tira a pedra! ¡Maldito na semente e no futuro o nome dos que erguen ese muro sobre peitos que alentan! ¡Sexa a hedra nai piadosa a cubrilas, nai que medra a reclamar a vida en berro puro! (Marica Campo) |
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)



































