Hoxe, día 25 de novembro,Na biblioteca súmámonos á conmemoración do DÍA INTERNACIONAL DA VIOLENCIA DE XÉNERO.Queremos aportar o noso gran de area para sensibilizar o noso alumnado acerca da necesidade de loitar contra a desigualdade entre homes e mulleres, desterrar o machismo, denunciar a perpetuación de condutas que contribúen á violencia de xénero.
Preparamos unha selección de libros nos que está presente esta temática.
E acompañámolos duns poemas que denuncian algunhas actitudes que contribúen á violencia e marxinación das mulleres.
O que Penélope teceu na súa Singer1 foi a cruz das condenadas Xa non queren ser a Selene que olla parva ó Endimión durmido Aborrecen ser Sibilas que contan grans de area esquecendo pedir o seu propio desexo Nin mortais que no sono da noite ceiban os seus corpos a deuses con poder As amazonas tampouco sabían facer punto de cruz. (Antía Otero, O son da xordeira) | FÓRA DE CONTROL A quen chamo, como visto, onde andabas metida... En canto valoras, my boy, este corte de mangas? (Carlos Negro. Penúltimas tendencias ) |
PRINCESA (CONTRA) DISNEY Cuspo os chícharos agochados no colchón como se fosen balas. Arrinco o vestido de seda. Íspome e pego un berro que escacha as porcelanas. O cabelo longo semella atadura. (As tesoiras fanme menos escrava). Fuxo da torre. Da mazá envelenada da obediencia. Fendo os ferrollos. Pelo curto, lingua solta. Respiro fondo, corro descalza. Comezo a alancar cara a esa gándara máis alá dos espellos. (Vaime volvendo a voz que perdín en palacio). (Carlos Negro: Penúltimas tendencias) | Quero abandonar a vida morta das princesas. (Lupe Gómez: Levantar as tetas) |
LAPIDADAS Como ovellas que van ao matadoiro camiñades a serdes lapidadas en reas, silenciosas e humilladas, baixo a mirada atenta do carneiro. Que o voso sangue sexa o derradeiro a mollar esas terras magoadas polo integrismo cruel, polas brigadas dunha fe que vos nega todo abeiro. ¡Maldita sexa a man que tira a pedra! ¡Maldito na semente e no futuro o nome dos que erguen ese muro sobre peitos que alentan! ¡Sexa a hedra nai piadosa a cubrilas, nai que medra a reclamar a vida en berro puro! (Marica Campo) |




No hay comentarios:
Publicar un comentario